Inicio / Noticias / A Consellería de Infraestruturas e Vivenda completa a senda peonil de Orro, en Noia, cun investimento final de 100.000 euros
29/03/2018 - 03:00
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda completa a senda peonil de Orro, en Noia, cun investimento final de 100.000 euros

Noia (A Coruña), 29 de marzo de 2017.- O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro e o alcalde de Noia, Santiago Freire, visitaron as obras que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda está a executar para completar a senda peonil na travesía de Orro, no concello de Noia, e que supón un investimento total de preto de 100.000 euros. Esta nova actuación do departamento que dirixe Ethel Vázquez está encamiñada a obter un beneficio para os peóns. A través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) se executará a última fase da senda peonil, que fará posible continuar o tramo realizado no ano 2016 no núcleo de Orro, no tramo da AC 550 (p.q. 69+570 - 69+940) e no que se investiron 60.000 euros. Para seguir mellorando as condicións actuais da rede viaria municipal nunha zona de elevada densidade de poboación, a consellería inviste mais de 35.000 euros na execución doutro treito da citada estrada comarcal (p.q. 69+940 - 70+300), cumprindo co obxectivo de seguir a mellorar a seguridade viaria na entorna. Para acometer esta actuación se conta cun prazo de execución de 2 meses, sendo adxudicadas a súa execución a Excavaciones Nima, SL, por mais de 35.000 euros. A intervención prevista pola Consellería de Infraestruturas afecta ao tramo que comeza no p.q. 69+940 e termina no p.q. 70+300. Desde o p.q. 69+940 ao p.q. 70+110 cun ancho de 2 metros para rematar a beirarrúa existente e desde o p.q. 70+110 ao p.q. 70+300 construirase unha nova senda. Dentro da liña de colaboración conxunta da consellería e o Concello de Noia no beneficio dos veciños da vila, cabe destacar que esta actuación contou coa colaboración da administración local, quen executou o muro necesario para a contención da senda aproveitando que se estaba acometendo unha obra hidráulica nese tramo.