Inicio / Noticias / Cores Tourís comproba as obras de reparación da canalización do río Loureiro, na estrada PO-551, en Bueu
16/10/2018 - 04:42
 Cores Tourís comproba as obras de reparación da canalización do río Loureiro, na estrada PO-551, en Bueu

Bueu (Pontevedra), 16 de outubro de 2018.- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá, en compaña do alcalde de Bueu, Félix Juncal, as obras que acaba de por en marcha a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade co fin de reparar a canalización do río Loureiro, na estrada PO-551.

Na visita, Cores Tourís estivo acompañado do xefe territorial de Infraestruturas en Pontevedra, José Luis Díez, así como do director de obra, Alfonso Tenorio.

Estes traballos puxéronse en marcha tras facer os técnicos da Consellería un seguimento dende o pasado mes de xuño a este tramo da estrada comprobando que se está a producir un leve afundimento de 3 centímetros dende aquela data. Os análises deron como resultado a comprobación de que se están a producir infiltracións por fora do entubado e a taxea da canalización do río Loureiro e que son as responsables deste afundimento.

A actuación que xa está en marcha lévanse a cabo no Pq. 10+335 da PO-551, á entrada de Petís, e consisten na demolición da beirarrúa, reconstrución da canalización do río augas arriba do pozo de rexistro e da obra de drenaxe mediante a colocación dunha tubaxe e a reposición do firme e dos servizos afectados.

Durante o día de mañá se comprobará o nivel de afectación da taxea a través da instalación dunha cámara. Cos resultados tomarase a decisión de executar ou non unha actuación maior que suporá actuar xa nos dous carrís da estrada.

As obras actuais poden obrigar nos próximos días ao corte dun carril, con tráfico alternativo polo outro, así como á restrición do aparcadoiro nas marxes da Estrada.

Os traballos que xa están en marcha programáronse neste mes porque é o momento no que se rexistra un menor curso de auga e a estrada conta con menos tráfico, o que suporá unha diminución das afeccións.

A obra foi adxudicada a Construcciones Taboada y Ramos S.L por un importe de máis de 48.000 euros, teñen un prazo de execución dun mes aproximadamente.