Inicio / Noticias / A estrada entre Serrapio e Vichocuntín, en Cerdedo-Cotobade, na que a Xunta está a realizar obras de mellora, abrirá ao tráfico este sábado a primeira hora
01/03/2019 - 08:39

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2019.- A estrada entre Serrapio e Vichocuntín (PO-230), no Concello de Cerdedo-Cotobade, na que a Xunta está a realizar obras de mellora, abrirá ao tráfico este sábado a primeira hora.

Cómpre lembrar que foi preciso pechar a circulación neste treito nas últimas semanas co fin de avanzar no acondicionamento que se está a acometer na vía.

As obras, cuxo remate se prevé para este mes, teñen como obxectivo a ampliación da calzada ata acadar un ancho de 7 metros e a rectificación de varias curvas para mellorar o trazado da estrada.

Na actualidade están pendentes os traballos relativos á capa de rodadura e a disposición de sinalización horizontal.

A Xunta continúa a traballar na mellora da rede viaria autonómica co fin de proporcionar aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras que redunden no desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.