Inicio / Noticias / Ethel Vázquez avanza que a nova senda peonil e ciclista entre San Paio de Navia e A Ramallosa estará o próximo mes de agosto a disposición dos veciños de Vigo e Nigrán
20/07/2018 - 14:55

Vigo, 20 de xullo de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou hoxe que a nova senda peonil e ciclista que vai dende San Paio de Navia ata A Ramalloxa, xa en Nigrán, estará a disposición dos veciños o próximo mes de agosto. A conselleira de Infraestruturas, acompañada do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, comprobou hoxe a pé de obra o ritmo dos traballos deste novo itinerario mixto na estrada autonómica PO-325, que mellorará a conectividade e os accesos peonís da parroquia de Navia coa Avenida Ricardo Mella.

Esta nova senda, cuxo proxecto presentouse hai uns meses aos veciños, e nas que o seu departamento está a investir case 300.000, ten unha lonxitude de case 1,5 quilómetros e un ancho medio de 2 metros.

Segundo indicou o itinerario, cuxas obras alcanzan un grado de execución de case o 80%, estase a executar nunha marxe da estrada autonómica, unindo o tramo comprendido entre a glorieta de intersección da VG-20 -a circunvalación de Vigo, ata o cruce coa rúa Muíños e aproveitando ademais as beirarrúas existentes en pequenos tramos desta zona e na saída do PAU de Navia.

Engadiu, esta nova senda de San Paio de Navia unirase co carril bici xa existente, que comeza na zona de Coruxo e chega ata Baiona, enlazando aí coas novas actuacións proxectadas e coas xa executadas nas estradas autonómicas. Deste xeito, salientou en conxunto se habilitará un completo itinerario peonil e ciclista de case 50 km de lonxitude, que percorrerá toda a zona costeira dende Vigo, pasando polo Val Miñor e atravesando Oia e O Rosal para chegar ata A Guarda.

Vázquez Mourelle, amosou así a aposta da Xunta pola mobilidade sostible e por contar cunhas estradas máis seguras e nas que convivan con garantías vehículos, peóns e ciclistas.

Lembrou que esta nova actuación da Xunta, cofinanciadas polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, está incluída no Plan de Sendas de Galicia que, para na comarca de Vigo se traduce na execución de 9 proxectos, 12,5 km de itinerarios e un investimento de 5 millóns de euros.

Un plan, subliñou, que no caso concreto desta zona, xa se ten moi avanzado, con 4 sendas completamente rematadas, 3 en execución -incluíndo aquí esta de Navia de San Paio de Navia- e as outras 2 en distintas fases de tramitación.

En definitiva, destacou, como desde o departamento que dirixe se está a transformar en feitos, pasando do papel á realidade, o Plan de Sendas nesta comarca de Vigo, con actuacións que buscan mellorar o día a día dos veciños e veciñas, facilitando os seus desprazamentos cotiás e incrementando a súa seguridade viaria.

Tamén referiu outras actuacións do seu departamento en Navia, que pretenden mellorar as conexións e as comunicacións do barrio e que se veñen sumar aos traballos de reurbanización e reparación de infraestruturas en catro rúas do polígono, así como ao ambicioso proxecto que ten para a zona, como é ampliación do Plan Parcial de Navia no que se prevé a construción de 1.600 vivendas protexidas e supón un investimento da Xunta superior aos 48 millóns de euros.