Inicio / Noticias / Ethel Vázquez informa á alcaldesa de Bande da axdudicación das obras de mellora da accesibilidade e o tránsito peonil nas marxes da estrada OU-540, en Santa Comba
18/05/2020 - 07:10
Ethel Vázquez informa á alcaldesa de Bande da axdudicación das obras de mellora da accesibilidade e o tránsito peonil nas marxes da estrada OU-540, en Santa Comba

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2020.- A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha reunión coa alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, na que lle informou da adxudicación das obras para a mellora da accesibilidade e o tránsito peonil nas marxes da estrada OU-540, en Santa Comba.A responsable de Infraestruturas da Xunta avanzoulle que as obras comezarán nas vindeiras semanas e disporán dun prazo de execución de 3 meses. Os traballos, cun investimento autonómico de máis de 35.000 euros, serán executados pola empresa Opaga 003 S.L.Trátase da execución de novas beirarrúas no treito da vía de titularidade autonómica, ao seu paso polo municipio, entre os puntos quilométricos 49+775 e 49+895. Actualmente, as beirarrúas atópanse en mal estado, con zonas parcialmente levantadas, e con tramos con apenas 1 metro de largo.No encontro coa rexedora, explicoulle que estas obras permitirán renovar as beirarrúas existentes en ambas as marxes, dotándoas de anchura e pavimento adecuado á normativa de accesibilidade vixente. As novas beirarrúas proxectadas acadarán un largo mínimo de 3 metros, aproveitando a franxa do dominio público da estrada, manténdose as dimensións da beiravía existente e a posición do actual bordo.