Inicio / Noticias / Ethel Vázquez salienta que a Xunta estuda a implantación de tarifas nocturnas con bonificacións nas autoestradas autonómicas
24/11/2018 - 04:42
Ethel Vázquez salienta que a Xunta estuda a implantación de tarifas nocturnas con bonificacións nas autoestradas autonómicas

800x600

Normal
0

21

false
false
false

ES
X-NONE
X-NONE

MicrosoftInternetExplorer4

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2018.- A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, subliñou hoxe que a Xunta está a estudar a implantación de tarifas nocturnas con bonificacións nas autoestradas autonómicas.

Así o manifestou na conmemoración do 40º aniversario da Federación Galega do Transporte de Mercadorías (Fegatramer), onde explicou que estas novas bonificacións nas autoestradas A Coruña- Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57), en horas de pouco tráfico, tamén poderían ser beneficiosas e competitivas para este sector.

Sinalou que o Goberno galego non é alleo ao impacto que ten o incremento das peaxes no conxunto do tecido económico e social de Galicia. Neste sentido, en relación á AP-9, a Xunta solicitoulle ao Ministerio de Fomento que analice as posibilidades de suavizar as subas de peaxe previstas, a través de fórmulas de flexibilización e un abaratamento dos desprazamentos para os usuarios recorrentes e en horas de menos tráfico.

Indicou que un bo sistema de bonificacións incrementaría o tráfico da autoestrada, redundaría en maior seguridade viaria e na mellora da competitividade de todo o sector do transporte, ao aforrar tempo e custos.

No que se refire ao anuncio do Ministerio de Fomento da posibilidade de cobro de peaxes nas autovías, reiterou que cómpre dispor dunha proposta seria e concreta sobre a que se poida reflexionar con responsabilidade e rigor. Non obstante, resaltou que a Xunta actuará sempre en defensa dos intereses xerais dos galegos.

A titular de Infraestruturas fixo fincapé en que o transporte de mercadorías por estrada constitúe unha das pezas fundamentais para o funcionamento dos demais motores económicos dunha sociedade.

O Executivo autonómico coñece as necesidades do sector, polo que quere seguir traballando da súa man para avanzar na consecución dos obxectivos marcados. Así, por exemplo, Galicia devolve cada ano o 100% do céntimo sanitario ao conxunto do transporte profesional.

Indicou que o Goberno galego tamén vén apostando por poñer en marcha mecanismos que fomenten a competencia e axuden a abaratar os prezos dos carburantes. Neste sentido, o Consello da Xunta autorizou recentemente o inicio da tramitación do decreto polo que se regula o procedemento integrado para a implantación de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos e o seu rexistro, co obxectivo de outorgar axilidade e eficiencia a estes procedementos.

Nesta continua aposta polo sector do transporte, a Xunta tamén considera fundamental a formación  destes profesionais, tal como amosan os Orzamentos de 2019, que do mesmo xeito que no exercicio anterior, reservan unha partida de 400.000 euros para este fin.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, dende o ano 2009, destinou 4,3 millóns de euros ás axudas á formación, que posibilitaron a realización de 1.400 cursos que beneficiaron a máis de 20.000 transportistas.