Inicio / Noticias / A execución das obras de mellora do firme na PO-214 ao seu paso polo concello da Estrada fará necesario un corte de tráfico desde o mércores ata o venres
11/10/2021 - 14:33

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2021.- A execución das obras de mellora do firme na PO-214 ao seu paso polo concello da Estrada fará necesario un corte de tráfico desde o mércores ao venres.

Este peche de circulación, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 10+900 e 13+320, é preciso para avanzar nos traballos de acondicionamento do firme que se está a desenvolver en toda a lonxitude da citada vía autonómica.

Para facilitar a mobilidade dos usuarios da vía, habilitaranse desvíos que estarán sinalizados coa antelación necesaria.

Esta actuación enmárcase nun contrato máis amplo que inclúe a rehabilitación da capa de rodadura tamén nas estradas PO-221, PO-222, PO-223, PO-233 e PO-303, nos concellos de Pontecesures, Moraña, Pontevedra, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Poio, Padrón, Sanxenxo, Meaño e Cambados.

As obras deste contrato, que engloban seis estradas autonómicas e supoñen un investimento autonómico de preto de 775.000 euros, comezaron en agosto e prevese o seu remate neste mesmo ano.

Os traballos abranguen o fresado e a reposición da capa de rodadura do pavimento actual nas zonas danadas con mestura bituminosa en quente.

Ademais contémplase o pintado das marcas lonxitudinais do eixe e bordo da calzada e repoñeranse os pasos de peóns.