Inicio / Noticias / Infraestruturas destina preto de 30.000 euros a obras de conservación da estrada OU-222
01/11/2017 - 13:30

Ourense, 1 de novembro de 2017.- A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, está a executar obras de mellora do estado de conservación do firme na estrada OU-222, ao seu paso polo concello da capital das Burgas.

Os traballos executaranse entre el enlace desta vía coa estrada N-120 e a antiga estación de ferrocarril de Santa Cruz de Arrabaldo e terán unha lonxitude aproximada duns 1.670 metros.

O Goberno galego, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), financia este obra mediante a achega económica de case 30.000 euros.

Estas actuacións forman parte das tarefas ordinarias de conservación de estradas que realiza a AXI co obxecto de incrementar a seguridade viaria e proporcionar uns desprazamentos cómodos e seguros pola rede viaria autonómica.