Inicio / Noticias / As obras de reforzo na estrada OU-602, no concello da Rúa, obrigan ao desvío provisional do tráfico este luns e martes
21/07/2018 - 14:29

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2018.- As obras de reformo de firme que a Xunta está a executar desde a pasada semana na estrada autonómica OU-602, no Concello da Rúa, obrigarán ao desvío provisional do tráfico rodado o próximo luns e martes, días 23 e 24 de xullo.

Esta estrada de 0,5 quilómetros de lonxitude recorre A Rúa e conecta a OU-533 con Fontei. Con vista a minimizar afeccións ao tráfico está previsto un percorrido alternativo polas estradas OU-603, tamén neste concello ourensá e na que a semana pasada se realizaron xa actuacións no firme, e a estrada OU-933.

O detalle do percorrido alternativa, que se sinalizará convenientemente, amósase no seguinte plano: Esta intervención forma parte das actuación programadas de rehabilitación do firme en cinco estradas autonómicas da comarca de Valdeorras, e nas que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda investirá preto de 583.000 euros.

As estradas obxecto deste contrato desenvólvense polos Concellos da Rúa, Rubiá, O Barco de Valdeorras, Petín e Larouco, e as obras están sendo acometidas pola empresa Aglomerados y Construcciones Valdeorras S.A.

As intervencións na comarca de Valdeorras

Salientar que as actuacións programadas polo departamento de infraestruturas da Xunta comezaron polas dúas estradas do Concello da Rúa. En concreto a intervención permitirá arranxar a capa de rodadura na estrada OU-602, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0+040 e 0+505 e 0+650 e 1+870. E tamén na estrada OU-603, entre o punto quilométrico 0 e 3+630.

Na estrada autonómica OU-622 se mellorará a pavimentación, entre os puntos quilométricos 0 e o 21+940, nos Concellos de Rubiá e O Barco de Valdeorras.

Outra vía obxecto deste contrato é a OU-636, ao seu paso polos Concellos de Petín e Larouco, no tramo entre os puntos quilométricos 19+800 e 21+140. As obras proxectadas tamén se centrarán no arranxo do firme que presente carencias. Nos mesmos concellos, tamén se rehabilitará a capa de rodadura da estrada OU-637, entre o punto quilométrico 0+035 e 1+120.

Plan de reforzos de firmes

Coa execución deste tipo de traballos, o departamento de Infraestruturas da Xunta continúa co desenvolvemento do Plan de Reforzos de Firme, que nos Orzamentos para 2018 incrementa a súa dotación de 15 a 20 millóns de euros.