Inicio / Noticias / Ovidio Rodeiro supervisa as obras de reforzo de firmes en varias estradas autonómicas da área da Coruña por un investimento de preto de 800.000 euros
20/09/2019 - 05:52
Ovidio Rodeiro supervisa as obras de reforzo de firmes en varias estradas autonómicas da área da Coruña por un investimento de preto de 800.000 euros

Culleredo (A Coruña), 20 de setembro de 2019.- O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, supervisou esta mañá as obras de mellora do firme en varias estradas autonómicas da área da Coruña por un investimento de preto de 800.000 euros que comezaron esta mesma semana. Concretamente, desprazouse ao tramo que se arranxando no concello de Culleredo na estrada que une Ledoño con Cerceda (AC-523)

As actuacións dispoñen dun prazo de execución duns 4 meses aproximadamente nos Concellos de Culleredo, A Coruña, Sada, Oleiros e Cambre, entre outros.

Os traballos que se están a executar teñen como obxectivo rehabilitar a capa de rodadura naqueles treitos que presenten carencias para prolongar a vida útil do pavimento. Estas actuacións tamén se complementarán con traballos de reposición da sinalización horizontal.

O contrato contempla a reparación do firme na estrada Sada- Mera (AC-163), entre os puntos quilométricos 1+500 e o 5+350 e 9+100 e 9+600, nos municipios de Sada e Oleiros; e na que conecta Espírito Santo e Oleiros, entre o punto quilométrico 0 e 0+600, no Concello de Sada.

Tamén se está mellorando a capa de rodadura na estrada entre Guísamo e Sigrás (AC-214), entre o punto quilométrico 1+850 e 8+540, en Cambre; e na vía San Pedro de Nós- Mabegondo (AC-221), no treito entre o punto quilométrico 1+500 e 5+150, ao seu paso por Cambre e Oleiros.

Outras das estradas que están sendo obxecto de obras de acondicionamento son as que unen Sigrás e Muros (AC-400), ao seu paso polos municipios de Laracha, Cerceda e Culleredo. E no tramo que une Ledoño con Cerceda no punto quilométrico 0+000 ao 5+750 en Culleredo (AC-523), e que se estende tamén aos concellos de A Laracha e Cerceda.

Tamén se están levando a cabo traballos de reparación na estrada AC-415, no Concello da Coruña, e na vía que conecta A Coruña e Cee (AC-552), nos Concellos de A Laracha e Carballo.

Ovidio Rodeiro destacou que “estes traballos se realizan co obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas e seguras”.