Inicio / Noticias / Un proxecto de mellora de firme repara as estradas da Xunta en Bergantiños e na Costa da Morte cun investimento de 750.000 euros
22/09/2018 - 14:00

Carballo (A Coruña), 22 de setembro de 2017.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda rematou, despois de tres meses de traballo, o proxecto de mellora de firme nas estradas autonómicas que discorren por Cabana, Carballo, Coristanco, Laxe, Malpica, Ponteceso e Zas, que conta cun investimento de 750.000 euros. As vías que mellorarán grazas a esta iniciativa son a AC-419, AC-552, AC-423, AC-413, AC-414, AC-421, AC-423, AC-422 e AC-434.

Os traballos realizados dependeron dos diferentes estados de deterioro dos viais. As máis importantes consistiron no fresado do pavimento para reparar a base de capas de microaglomerado en frío en deterioracións localizadas como rodeiras, gretas, afundimentos, peladuras e fochancas.

As obras tamén permitiron o selado das fisuras lonxitudinais non estruturais da capa de rodaxe, a mellora e reforzo da sinalización vertical e a reposición da sinalización vertical afectada. Así mesmo, o proxecto tamén contemplou reparar as tapas de fundición daquelas tapas ou arquetas que presenten deterioros, limpar as veira vías de drenaxe transversal que se atopen obstruídas e substituír as barreiras metálicas de seguridade en mal estado.

Este proxecto ademais de axudar a manter a conservación das nosas estradas, tamén permitiu acadar un incremento da comodidade dos usuarios e, o máis importante, da seguridade viaria.

Esta actuación forma parte dun plan de mellora das estradas autonómicas na provincia da Coruña para este ano 2018, que no seu conxunto permitirá a reparación e conservación do firme en 33 vías diferentes cun investimento de 6,58 millóns de euros.