Inicio / Noticias / Un total de 11 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de reforzo do firme nas estradas autonómicas AC-400, AC-406 e AC-546, cun investimento de máis de 1,5 M€
17/06/2022 - 14:40

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2022.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade recibiu un total de 11 ofertas de empresas para executar as obras de reforzo do firme nas estradas AC-400, AC-406 e AC-546, cun investimento de máis de 1,5 M€.

 

Trátase de actuacións de mellora destas tres vías autonómicas ao seu paso polos concellos de Santa Comba, Tordoia, Coristanco, Cerceda, Mazaricos, A Baña e Negreira

 

Os traballos, que contan cun prazo de execución de seis meses, están encamiñados á reparación, rehabilitación e reforzo superficial do firme, adecuándoo ás súas necesidades funcionais e de durabilidade.

 

O reforzo do firme está encamiñado a restaurar ou mellorar as características superficiais do pavimentos naqueles treitos que presenten maior grao de deterioro.

 

As obras suporán unha maior seguridade e comodidade aos usuarios que circulan por estas vías, moi frecuentadas, especialmente en temporada de verán, e facilitarán a mobilidade aos habitantes dos municipios onde se realizarán as actuacións.

 

Estas obras están incluídas no Plan de Reforzos de firme que está a desenvolver o Goberno galego para investir na mellora e na conservación das estradas autonómicas.