Inicio / Noticias / Un total de 11 empresas presentan as súas ofertas para a mellora da seguridade viaria na estrada autonómica PO-190, no Concello de Valga, cun investimento de preto de 358.000 euros
19/01/2019 - 13:20

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2019.- Un total de 11 empresas presentaron as súas oferta para executar obras de mellora da seguridade viaria na estrada PO-190, no Concello de Valga, cun investimento de preto de 358.000 euros.

Os traballos contan cun prazo de execución de 5 meses, e realizaranse ao longo de 1,3 KM desta estrada autonómica, entre o punto quilométrico 0 ata o 1+270.

Esta intervención consiste na execución de novas beirarrúas, a ampliación das xa existentes, e a regularización con novo pavimento para mellorar a mobilidade e seguridade dos peóns. Na mesma se inclúe a colocación de varandas nas zonas de desniveis, que garantan a protección fronte a caídas, e a redistribución e ampliación dos vaos peonís existentes e adaptación das pendentes accesibles.

O proxecto tamén prevé sobreelevar os pasos de peóns para reducir a velocidade do tráfico e mellor a seguridade viaria, executando ademais muros de contención para a sustentación das beirarrúas existentes.

Nos traballos se repararán os colectores de pluviais que se mostren deteriorados, e se executarán novos pozos de rexistro, substituíndose os anteriores. Ademais se adaptarán os servizos existentes e acondicionaranse as zonas de afundimento do firme, con reposición das gabias de colectores de pluviais.

A actuación no trazado completarase co repintado das marcas viarias e a sinalización horizontal e vertical.