Inicio / Noticias / Un total de 13 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras dunha senda peonil na estrada LU-612, a la salida de Lugo hacia Portomarín, con un presupuesto de casi 523.000 euros
17/05/2019 - 13:12

Santiago de Compostela, 17 de maio de 2019.- Un total de 13 empresas presentaron as súas ofertas para a execución das obras dunha senda peonil na estrada LU-612, á saída de Lugo cara a Portomarín, por un orzamento de case 523.000 euros.

As obras consisten na execución dunha senda peonil de 1,9 quilómetros de lonxitude e 2 metros de ancho, pola marxe dereita da estrada LU-612, ao seu paso polo Concello de Lugo. Os traballos teñen como fin a integración da senda na vía actual, no tramo entre o empalme de Portomarín da antiga estrada a Santiago e Toiriz, no acceso á igrexa de Piugos.

A senda executarase en continuo con pavimento coloreado e as entradas ás vivendas resolverase coa implantación duns vaos en todo o ancho da mesma. Ademais nalgunhas zonas incluirase unha varanda para protexer aos peóns dos desniveis.

No tramo existen actualmente dúas paradas de autobús que non contan con marquesiña, polo que o proxecto prevé a súa instalación neses dous puntos.

Outros traballos previstos permitirán a execución dun tramo dunha canalización para recollida das augas de drenaxe, e a colocación de arquetas e colectores de drenaxe para conectalo co existente

As obras completaranse co repintado das marcas existentes de sinalización horizontal, reposición da sinalización vertical existente, colocación de proteccións peonís e reposición e mellora do balizamento.

Esta actuación da Consellería de Infraestrutruas e Mobilidade está incluída no Plan de Sendas de Galicia na comarca de Lugo e está cofinanciada con Fondos FEDER.