Inicio / Noticias / Un total de 17 empresas presentan as súas ofertas para as obras de reforzo de firme en tres estradas da comarca de Pontevedra
14/07/2018 - 14:41

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2018.- Un total de 17 empresas veñen de presentar as súas ofertas para acometer as obras de reforzo de firme nas estradas de titularidade autonómica PO-235, PO-244 e PO-264, na comarca de Pontevedra, cun investimento da consellería de Infraestruturas e Vivenda de case 798.000 euros.

Esta intervención beneficiará aos concello da Lama, Ponte Caldelas, Soutomaior, Pontevedra e Vilaboa.

As actuacións nestas tres vías da rede secundaria de estradas da Xunta, teñen como obxectivo prioritario a conservación das mesmas e incrementar a seguridade viaria, e as obras comprenden o reforzamento do firme e a rehabilitación da sinalización horizontal en varios treitos destas estradas.

Na vía PO-235 estenderase unha nova capa de rodadura desde o inicio da travesía de Antas, (punto quilómetrico 12+000) e a intersección coa estrada EP-0305, (p.q. 15+000), no Concello da Lama. E na estrada PO-244, se actuará desde o punto quilométrico 0 ata o 12+480, treito que pasa polos concellos de Ponte Caldelas e Soutomaior. Tamén no proxecto se inclúe a limpeza de marxes e o repintado de cunetas neste dous treitos.

Na da estrada PO-264, no tramo correspondente ao concellos de Vilaboa e Pontevedra, realizaranse traballos de repintado, no tramo entre Paredes (punto quilométrico 0) e Ponte Sampaio (p.q. 2+000).

Plan de reforzos de firmes

Coa execución deste tipo de traballos, a consellería continúa co desenvolvemento do Plan de Reforzos de Firme, que nos Orzamentos para 2018 incrementouse de modo moi importante a súa dotación de 15 a 20 millóns de euros.

A Xunta segue a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos. A Consellería de Infraestruturas está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con obras de conservación extraordinarias.