Inicio / Noticias / Un total de 18 empresas presenta ofertas para executar obras de reforzo de firme en estradas das comarcas de Santiago, Melide e o Barbanza, cun orzamento de máis de 1 millón de euros
25/07/2018 - 14:30

Santiago de Compostela, 25 de xullo de 2018.- Un total de 18 empresas presentaron as súas ofertas para executar as obras de reforzo de firme en varias estradas de titularidade autonómico ao seu paso polas comarcas de Santiago, Melide, e O Barbanza, nas que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda investirá máis de 1 millón de euros.

Estas intervencións do departamento de Infraestruturas de Xunta beneficiarán aos concellos de Boimorto, Boiro, Dodro, Melide, Noia, Rianxo, Teo e Santiago de Compostela.

As actuación proxectadas definen reparacións do firme que permitan prolongar a vida útil do pavimento das seis estradas obxecto destas obra, segundo a necesidades observadas nos distintos tramos,

Na estrada AC-250, no concello de Santiago, intervirase nos 6,2 quilómetros de vía. E na AC-553, no Concello de Rianxo, actuarase ao longo de toda a estrada, de 1,44 quilómetros. Ademais nestes viarios se prevé a construción en zonas puntuais de cunetas de seguridade.

Na AC-305, ao seu paso polos concellos de Boiro, Rianxo e Dodro, executaranse os traballos en zonas puntuais entre os puntos quilométricos 6+000 e 25+000. E na AC-550, no Concello de Noia, intervirase entre os puntos quilométricos 69+500 e o 73+000.

Tamén se acometerán traballos en zonas localizadas nas estradas AC-840, concelloss de Melide e Boimorto, entre os puntos quilométricos 36+000 e 49+000. E o mesmo na AC-841, Concellos de Santiago e Teo, entre os Puntos quilométricos 0+000 e 11+710.

No marco de este contrato se inclúe ademais actuacións de reforzo de firme no enlace entre a AG-58 e a AG-59, no Concello de Teo.

Plan de reforzos de firmes

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda está a continuar co desenvolvemento do Plan de reforzos de Firme, co obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica e incrementar a seguridade viaria, proporcionando aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos. O departamento de Infraestruturas da Xunta está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que van máis alá dás tarefas ordinarias de conservación, complementándoas tamén con obras de conservación extraordinarias.