Inicio / Noticias / Un total de catorce empresas presentan as súas ofertas para executar a mellora de firme en distintas estradas autonómicas das comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas de Reis
27/05/2020 - 04:51

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2020.- Un total de catorce empresas veñen de presentar as súas ofertas para executar as obras de mellora de firme en distintas estradas autonómicas das comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas de Reis, licitadas por importe de 1 millóns de euros.Esta intervención terán un prazo de execución de 4 meses e o obxectivo da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade é acometer os traballos este mesmo ano 2020.As actuacións incluídas neste contrato levaranse a cabo en varios tramos das estradas PO-223, PO-224, PO-300, PO-305, PO-308 e PO-309, ao seu paso polos municipios de Pontevedra, Campo Lameiro, Barro, Meis, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Cambados, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo e Poio.O contrato ten por obxecto a rehabilitación de firme naqueles puntos nos que a capa de rodadura presente carencias ou se atope deteriorada, coa finalidade de reforzar e mellorar a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios destas estradas. Tamén se prevé a reposición da sinalización horizontal en varios treitos.Na estrada PO-223, Pontevedra-Campo Lameiro (PO-231), actuarase no treito entre os puntos quilométricos 4+250 e 16+100. Neste tramo de preto de 12 quilómetros realizarase o fresado localizado e reforzo de firme, así como a renovación das marcas da vía.Na estrada PO-224, Ponte Bora (N-541)-San Antoniño (N-550), os traballos de rehabilitación do firme realizaranse en dous treitos, o que vai dos puntos quilométricos 5+330 o 6+570, e entre o 10+100 e 10+830. En toda a estrada renovaranse as marcas viarias. Os mesmos traballos serán executados na PO-300, Mosteiro-Cambados (VG-4.3), nos treitos entre os puntos quilométricos 2+680 e 6+320, así como entre os puntos 6+790 e 11+720. Tamén se executarán esta tarefas na estrada PO-305, Saiar (N-640)-Vilagarcía (N-640), no tramo que que vai do punto quilométrico 0 a 0+600Na estrada PO-308, Pontevedra-A Lanzada (PO-550), a intervención prevista comprende as distintas actuacións nos treitos dos puntos quilométricos 17+350 e 17+405, 18+332 e 19+000, 17+405 e 18+332, así como entre os puntos 17+350 e 19+000.Finalmente os traballos deste contrato prevén a renovación das marcas viarias na PO-309: Poio Sur (PO-308)-A9, no tramo entre os puntos quilométricos 0 e 1+180.