Inicio / Noticias / Un total de oito empresas presentan as súas ofertas para a execución dunha senda peonil na estrada LU-115, no polígono industrial de Outeiro de Rei, cun orzamento de case 390.000 euros
20/11/2019 - 12:26

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2019.- Un total de oito empresas presentan as súas ofertas para executar unha senda peonil e ciclista na estrada LU-115, no polígono industrial de Outeiro de Rei, por un orzamento de case 390.000 euros.

As obras consisten na execución dunha senda ao carón desta estrada de titularidade autonómica, entre as glorietas existentes para acceso ao polígono industrial A Matela, entre os puntos quilométricos 1+430 e 1+720, incluída unha pasarela sobre o ferrocarril. En paralelo á estrada existe unha vía de servizo que se atopa interrompida polo vía de ferrocarril, polo que este tramo de senda permitiría a continuidade para os peóns.

A senda terá unha lonxitude total de 245 metros pola marxe esquerda xa que evita cruces na calzada, e disporá dun ancho de 2 metros transitables, incluído o bordo, en parte sobre muros para evitar ocupacións excesivas en terreos colindantes. Nesta obra executaranse tamén os elementos de drenaxe necesarios para a correcta evacuación das augas

Na intervención se inclúe a incorporación dunha pasarela sobre o ferrocarril, adosada ao paso existente, dunha lonxitude de 16,6 metros e un ancho libre entre varandas de 2,15 metros.

As actuacións tamén inclúen a sinalización, tanto horizontal como vertical, que cómpre modificar trala execución das novas actuacións.

Con esta actuación, o departamento de Infraestruturas da Xunta ten como obxectivo fomentar o modelo de mobilidade sostible a través da dotación da senda peonil – ciclista, identificada en base a súa funcionalidade como eixo significativo de comunicación non motorizada.