Inicio / Noticias / Un total de once empresas presentan as súas ofertas para a execución da mellora do firme na autovía Ferrol-Vilalba, no tramo que vai do enlace de Cabreiros á conexión coa A-8, en Lugo
27/05/2020 - 03:36

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2020.- Un total de once empresas veñen de presentar as súas ofertas para a execución das obras de rehabilitación de firme na autovía Ferrol-Vilalba ao seu paso por Lugo, no tramo que vai do enlace de Cabreiros ao enlace coa A-8.Esta intervención da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade foi licitada por preto de 1,3 millóns de euros e conta cun prazo de execución de 6 meses, a contar desde a formalización do contrato de adxudicación.O obxecto desta actuación é a mellora das condicións de confort e comodidade mediante o reforzo de firme localizado da AG-64, entre os puntos quilométricos 42+500 e 55+900, sendo a lonxitude total dos treitos da actuación de preto de 15 quilómetros.Máis en concreto, o contrato licitado recolle a rehabilitación do firme nos tramos que presenten carencias para prolongar a vida útil do pavimento, mediante o fresado e reposición do firme existente con mestura bituminosa en quente ou o seu recrecido con microaglomerados segundo as necesidades.Ademais, como actuacións complementarias executarase o repintado da sinalización horizontal e unha mellora puntual da drenaxe. Tamén se reporá a sinalización vertical na estrada LU-540.