Inicio / Noticias / Valentín García participa na conmemoración das primeiras sentenzas ditadas en galego nos xulgados da Estrada
05/07/2018 - 07:24
Valentín García participa na conmemoración das primeiras sentenzas ditadas en galego nos xulgados da Estrada

A Estrada (Pontevedra), 5 de xullo de 2018.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de descuberta da placa conmemorativa das primeiras sentenzas ditadas en lingua galega nos xulgados da Estrada polo maxistrado Fernando Fernández Leiceaga. Este recoñecemento promóveo a Irmandade Xurídica Galega en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco da campaña Lingua de Lei. 35º aniversario da Lei de Normalización Lingüística.