Inicio / Noticias / A Xunta acometerá obras de mellora do firme na estrada AC-230 ao seu paso polo concello de Aranga
12/09/2021 - 14:19

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2021.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acometerá obras de mellora do firme na estrada AC-230 ao seu paso polo concello de Aranga.

Esta intervención, que foi adxudicada á empresa Canarga, S.L., conta cun investimento da Xunta de preto de 50.000 euros. As obras comezarán nas vindeiras semanas e terán un prazo de execución de 2 meses.

Os traballos levaranse a cabo no treito da vía autonómica comprendido entre os puntos quilométricos 3 e 4+700.

As obras consistirán na reparación do firme mediante a mellora da capa de rodaxe en 5 centímetros de espesor nas zonas nas que se atope deteriorado, coa fin de resolver as deformacións que presenta a rodaxe, reforzando así a seguridade viaria.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa traballando na conservación e mantemento da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras