Inicio / Noticias / A Xunta adxudica dúas parcelas no parque empresarial das Gándaras, en Lugo
23/07/2018 - 05:45

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2018.- A Xunta de Galicia adxudicou dúas parcelas no parque empresarial das Gándaras (Lugo), cunha superficie conxunta de 11.709 metros cadrados por importe total de preto de 704.000 euros, despois de aplicar unha bonificación do mesmo importe.

Desde a implantación en 2015 das bonificacións no solo empresarial, no parque das Gándaras adxudicáronse máis de 206.000 metros cadrados para a implantación de empresas ou ampliación das súas instalacións, cunha bonificación do prezo das parcelas dun 50%.

No parque das Gándaras quedan dispoñibles para venda ou adxudicación en dereito de superficie un total de 9 parcelas, que suman unha superficie de máis de 89.000 metros cadrados.

O prezo de venda é de 47,5 euros por metro cadrado excepto nunha parcela no que o prezo é de 55 euros por metro cadrado, unha vez aplicada a bonificación do 50%, e o canon por adxudicación en dereito de superficie é de 1,43 ou 1,65 euros por metro cadrado e ano os dous primeiros anos.