Inicio / Noticias / A Xunta adxudica a instalación de iluminación na estrada PO-331 ao seu paso pola parroquia de Zamáns, no Concello de Vigo
18/04/2020 - 03:03

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a instalación de iluminación na estrada PO-331 ao seu paso pola parroquia de Zamáns, no concello de Vigo.Este contrato, cun investimento autonómico de preto de 27.000 euros, foi adxudicado á empresa Montajes Eléctricos Salnés. As obras prevén comezaranse nas vindeiras semanas.Trátase de dotar de iluminación á estrada de titularidade autonómica, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 9 +430 e 9 +680, mediante a disposición de luminarias LED na marxe dereita da vía. Os traballos iniciaranse coa conexión da canalización existente no tramo estudado á rede de iluminación no tramo previo. Para iso prevese a execución dunha gabia para canalización de iluminación que cruce baixo a calzada existente.De seguido realizarase a instalación de columna de 9 metros de altura con luminarias LED, cunha separación entre elas de 30 metros de distancia, e instalación de cableado en canalización existente ao longo da senda.Con esta nova actuación do departamento de Infraestruturas da Xunta complétase a obra de mellora da seguridade viaria para peóns executada nunha primeira fase coa execución de beirarrúa nesta mesma estrada, dende Zamáns a Fonte do Seixo. Nesta obra executouse a instalación da canalización necesaria para a futura instalación de iluminación que agora se materializa.