Inicio / Noticias / A Xunta adxudica as obras de mellora da estrada OU-154 ao seu paso polo reino, no concello de Piñor, por un investimento de preto de 100.000 euros
13/12/2019 - 03:02

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de adxudicar as obras de mellora da estrada OU-154, ao seu paso polo núcleo do Reino, no Concello de Piñor.O contrato foi adxudicado á empresa Hordescon S.L. por un investimento de preto de 100.000 euros.Os traballos para acometer o acondicionamento desta vía autonómica, que inclúen a reposición de servizos, comezarán no primeiro trimestre do vindeiro ano e disporán dun prazo de execución duns tres meses aproximadamente.A intervención consistirá na adecuación da estrada OU-154, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 1+741 e 2+025, co obxectivo de incrementar a seguridade viaria na contorna.Esta actuación contemplará a remodelación dos espazos para protexer a circulación dos peóns e a disposición de nova sinalización e redutores físicos de velocidade.Tamén se levarán a cabo a rehabilitación do firme neste tramo, así como a substitución das redes de servizo aéreas de alumeado e de teléfono por unha canalización soterrada.Ademais o proxecto incluirá a mellora da iluminación mediante a substitución dos puntos de luz por novas farolas con luminarias led.