Inicio / Noticias / A Xunta adxudica as obras de renovación e instalación de nova iluminación led na glorieta elevada de Mollabao, no inicio da variante de Marín
27/04/2020 - 04:15

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de renovación e instalación de nova iluminación led na glorieta elevada de Mollabao, no inicio da variante de Marín.

Esta actuación foi adxudicada á empresa Aopil, S.L., por un importe de máis de 43.000 euros. As obras comezarán nas vindeiras semanas e teñen un prazo de execución estimada de dous meses.

Este contrato ten como obxectivo a mellora do sistema de iluminación do enlace de conexión entre a variante de Marín e a estrada PO-11, no seu punto quilométrico 0, de cara a reforzar a seguridade viaria no contorno desta glorieta elevada.

Realizarase a rehabilitación e posta a punto das tres torres existentes, renovándose os proxectores con tecnoloxía led. Isto permitirá unha rebaixa moi significativa da potencia e do consumo, mellorando o rendemento enerxético e incrementándose a visibilidade grazas ás melloras tecnolóxicas en eficiencia enerxética aplicadas.

Nesta actuación tamén se adecuará o cadro eléctrico existente e reporase o cableado das torres de iluminación.