Inicio / Noticias / A Xunta adxudica as obras dunha senda peoníl na estrada AC-960 ao seu paso por Ponte Ledesma, no Concello de Boqueixón
18/05/2020 - 05:21
A Xunta adxudica as obras dunha senda peoníl na estrada AC-960 ao seu paso por Ponte Ledesma, no Concello de Boqueixón

Boqueixón (A Coruña), 18 de maio de 2020.- O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou que a Xunta de Galicia ven de adxudicar hoxe a obra da senda peonil na estrada AC-960 ao seu paso polo núcleo de Ponte Ledesma, en Boqueixón. En concreto, trátase da construción dunha senda entre os puntos quilométricos 15+970 e 16+270, é dicir, uns 300 metros de lonxitude. Ovidio Rodeiro destacou que “este treito actualmente no conta cunha zona peonil indepentende do tráfico rodado”.As obras consistirán en executar unha senda cun ancho de 1,80 metros, con pavimento de formigón en cor. Para iso, será necesario escavar no terreo contiguo á estrada, para rebaixalo e poder executar a senda. Conformarase unha nova condución de pluviais cunha tubaxe de diámetro 315 mm de PVC, cos seus correspondentes pozos de rexistro.Cómpre lembrar que esta actuación se enmarca na estratexia deseñada pola Xunta para a promoción de contornos urbanos seguros, fomento da mobilidade sustentable e a mellora da accesibilidade e calidade de vida da cidadanía.

O delegado territorial destacou que “a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa avanzando no desenvolvemento do Plan de Sendas de Galicia” e lembrou que esta actuación se suma ás xa executadas dentro do Plan de sendas de Galicia para a comarca de Santiago. Este plan recolle, no seu conxunto, 15 quilómetros de novos itinerarios e un investimento de 3,7 millóns de euros, con actuacións nos concellos de Teo, Touro ou Dodro. Ovidio Rodeiro apuntou que “con este tipo de actuacións a Xunta aposta por unha mobilidade máis saudable e sustentable que atende a criterios de integración paisaxística, e pero, ante todo, polo reforzo da seguridade viaria”.