Inicio / Noticias / A Xunta adxudica a redacción do proxecto de construción dun itinerario peonil na contorna do enlace da autovía do Salnés coa estrada PO-504, no Concello de Sanxenxo
03/05/2021 - 14:48

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2021.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a redacción do proxecto de construción dun itinerario peonil na contorna do enlace da autovía do Salnés coa estrada PO-504, no concello de Sanxenxo.

O contrato foi adxudicado á empresa Interurban, SAU,. por importe de máis de 12.000 euros. O contrato conta cun prazo de execución de 6 meses.

Trátase de definir as actuación precisas no enlace da AG-41 coa PO-504 que supón unha barreira para o tránsito peonil pola alta intensidade de tráfico que se rexistra.

Mediante este contrato proponse o desenvolvemento dun itinerario que evite o enlace aproveitando o paso inferior da PO-504 baixo a VG-4.1. Unha vez superado ese paso inferior, crearíase unha nova senda peonil no pé do terraplén do ramal norte de enlace da AG-41, ata chegar ata a glorieta inferior do enlace.

No proxecto, tamén será necesario incluír a solución para dar continuidade en condicións de accesibilidade ás beirarrúas da PO-504, no treito inmediatamente anterior ao paso inferior.