Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2017.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar o contrato de servizo para a redacción dos proxectos de construción de 13 sendas peonís e ciclistas na comarca de Pontevedra e concellos limítrofes, nas que a Xunta inviste un orzamento duns 3 millóns de euros.
O contrato, adxudicado á empresa Ingeniería del Noroeste por un investimento de máis de 180.000 euros, terá un prazo de 12 meses para a súa redacción, coa fin de que os primeiros documentos estean redactados a comezos do vindeiro ano para iniciar a licitación das obras.
Estas obras, que levará a cabo a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), serán cofinanciadas polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. A continuación, detállanse as sendas proxectadas para esta comarca.
Portosanto, na PO-309 e en Tarrío, na PO-303, Concello de Poio.
A Piolla-O Couso-O Sobral, na PO-223, no Concello de Pontevedra.
Normal
0
21
false
false
false
ES
X-NONE
X-NONE
/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-style-parent:"";
font-size:10.0pt;"Times New Roman","serif";}
Plan de sendas de Galicia
Estas actuacións están enmarcadas na segunda fase do Plan de Sendas de Galicia, que contempla sendas seguras e sustentables para as comarcas de Pontevedra, Ourense, O Morrazo e Lugo. Na primeira fase, que se puxo en marcha nas comarcas de A Coruña, Ferrol, Bergantiños, Santiago, Vigo, O Salnés e Chantada, xa se están a desenvolver as actuacións proxectadas.
Entre a 1ª e a 2ª fase do plan, desde a Xunta estase a impulsar a construción de 95 novas sendas, máis de 120 novos km de itinerarios peonís e ciclistas en 11 comarcas de galegas, que suporán un investimento de preto de 37 millóns de euros.
Este plan ten como obxectivo incrementar a seguridade de peóns e ciclistas, posto que son os usuarios máis vulnerables das estradas. Tamén busca promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular.
Trátase dun proxecto coordinado e froito do diálogo, porque na súa elaboración contouse coa opinión dos concellos, para determinar as actuacións máis necesarias e axeitadas en cada zona.