Inicio / Noticias / A Xunta comeza as obras de reparación da tubaxe de pluviais na estrada OU-531 en Lampaza, no Concello de Rairiz de Veiga
17/09/2020 - 13:36
A Xunta comeza as obras de reparación da tubaxe de pluviais na estrada OU-531 en Lampaza, no Concello de Rairiz de Veiga

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2020.- A Xunta vén de comezar as obras de reparación da tubaxe de pluviais na estrada OU-531 en Lampaza, no Concello de Rairiz de Veiga.

A intervención, cun investimento de preto de 12.000 euros, estará rematada a finais de setembro e mellorará as condicións de seguridade da propia estrada ao favorecer a condución das augas.

Estes traballos de conservación levaranse a cabo no punto quilométrico 13+500 da vía autonómica, na súa marxe dereita.

As actuacións consisten na substitución da tubaxe condutora de augas en formigón por unha nova en PVC.

O proxecto contempla a execución de 4 pozos de rexistro no treito executado, coas súas correspondentes tapas de fundición.

Unha vez instalada a tubaxe nova, procederase ao recheo do noiro co material necesario e executarase unha beirarrúa con formigón en masa.