Inicio / Noticias / A Xunta conclúe o proxecto de construción dunha senda peonil en Vilar de Cas e Guimil, en Muíños, cun investimento de case 210.000 euros
21/01/2020 - 13:34

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2020.- A Xunta vén de rematar o proxecto de construción dunha senda peonil en Vilar de Cas e Guimil, en Muíños, cun investimento de case 210.000 euros.

O proxecto para esta actuación xa está redactado e xa se vai iniciar a súa supervisión técnica. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade remitiullo ao Concello de Muíños.

As obras, que terán un prazo de execución duns seis meses, teñen como obxectivo a mellora da seguridade dos peóns nas estrada autonómica OU-302, naqueles tramos nos que carece de beirarrúas, concretamente nos lugares de Vilar de Cas e Guimil.

Tamén se levará a cabo a mellora da accesibilidade, a reposición de beirarrúas e a colocación dunha marquesiña na contorna do Santuario de Couso, entre os puntos quilométricos 10+560 e 10+800 da estrada.

Ademais no núcleo de Souto da Limia, entre os puntos quilométricos 4+962 e 5+014, se acometerá un muro de contención e se reparará unha beiravía actualmente deteriorada.

A vía autonómica quedará dotada dun axeitado sistema de drenaxe de augas pluviais e unha rede de sumidoiros.

Como obras complementarias para a execución deste itinerario, destacan o retranqueo dos postes de electricidade e a construción de varios muros de mampostería de pedra granítica.