Inicio / Noticias / A Xunta continúa a vindeira semana as rozas e as limpezas das marxes de estradas autonómicas nas comarcas da Terra Chá, Celanova, Vigo e Pontevedra
14/06/2020 - 14:40
A Xunta continúa a vindeira semana as rozas e as limpezas das marxes de estradas autonómicas nas comarcas da Terra Chá, Celanova, Vigo e Pontevedra

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2020.- Os traballos de roza e limpeza nas marxes das estradas autonómicas continúan a vindeira semana nas comarcas da Terra Cha, Celanova, Vigo e Pontevedra.A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, está a realizar estas tarefas de acondicionamento nas franxas de dominio público de 30 vías autonómicas das catro provincias para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.Estas actuacións, que xa comezaron o mes pasado, desenvolveranse a partir do luns nas estradas CG-2.2 e VG 2.1, en Lugo e O Corgo; na LU-861, en Vilalba e Xermade; na OU-411, en Padrenda e Quintela de Leirado; na PO-250, en Redondela e Ponte Caldelas; e na PO-241, en Ponte Caldelas.Estas obras xa se levaron a cabo nas pasadas semanas nas marxes de vías das contornas da Mariña luguesa, do Baixo Miño, Vigo, Noia, Fisterra ou Ferrol.Os traballos continuarán nas próximas semanas noutras estradas da comunidade autónoma ata ter finalizados en xullo todos os labores programados.As tarefas céntranse na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume, co fin de previr incendios forestais.Tamén se acometen rozas para completar o traballo ordinario de conservación das estradas e reducir progresivamente o uso de herbicidas, dando cumprimento a un acordo parlamentario.Ademais, realízase o acondicionamento de zonas verdes e sendas peonís, para que estean en condicións axeitadas, pensando xa no incremento de uso que experimentan no verán. As intervencións teñen como obxectivos potenciar o efecto cortalumes das estradas; aumentar a seguridade viaria, cunha maior visibilidade; e fomentar unha mobilidade máis segura e sustentable mediante as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil.