Inicio / Noticias / A Xunta e o Concello avanzan na próxima ampliación do parque empresarial Lalín 2000
24/01/2023 - 06:08
A Xunta e o Concello avanzan na próxima ampliación do parque empresarial Lalín 2000

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2023 A Xunta de Galicia remitirá nas

próximas semanas ao Concello de Lalín o proxecto de urbanización da ampliación do parque empresarial Lalín 2000, para a súa tramitación e aprobación.

Así llo anunciou o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, ao alcalde da localidade pontevedresa, Xosé Crespo, no marco da reunión que mantiveron esta mañá na sede do organismo autonómico.

A xuntanza serviu para realizar unha última revisión do plan de sectorización da ampliación do parque empresarial, que está a tramitar o concello e xa conta con todos os informes necesarios, polo que será aprobado definitivamente en breve.

A ampliación de Lalín 2000 ocupará unha superficie de máis de 314.000 metros cadrados e suporá un investimento por parte da Xunta de preto de 16 millóns de euros. O obxectivo do Goberno autonómico é rematar a tramitación dos documentos para poder licitar as obras de urbanización en 2023.