Inicio / Noticias / A Xunta executa traballos de limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Vieites e Pazos, ao seu paso polos concellos da Estrada e de Vedra
25/06/2022 - 14:49
A Xunta executa traballos de limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Vieites e Pazos, ao seu paso polos concellos da Estrada e de Vedra

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2022 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Vieites e Pazos, ao seu paso polos concellos da Estrada e de Vedra, respectivamente.

Os traballos execútanse en distintos tramos dos ríos, ao longo duns 2 quilómetros de lonxitude, coincidindo co seu percorrido por distintos lugares destes municipios.

As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

 

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-centro e nas súas zonas de acceso e protección.

 

Estas intervención de Augas de Galicia contribúen á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais dos ecosistemas que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.