Inicio / Noticias / A Xunta inicia esta semana as obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-840 ao seu paso polo Concello de Vilasantar, cun orzamento de case 50.000 euros
13/04/2019 - 13:03

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, iniciará o vindeiro luns día 15 as obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-840, ao seu paso pola concello de Vilasantar, cun orzamento de case 50.000 euros.

Os traballos foron adxudicados a empresa Canarga e dispoñen dun prazo de execución de 2 meses, desde o seu inicio.

A actuación do departamento de Infraestruturas da Xunta ten por obxectivo calmar a velocidade da circulación á altura do punto quilométrico 27+300, na intersección coa pista municipal que conduce ao campo de fútbol e á escola ecolóxica "Asociación A Raíña".

A intervención centrarase na mellora da intersección existente na marxe esquerda da AC-840 mediante a construción de cuñas de cambio de velocidade para facilitar a entrada e saída na estrada de titularidade autonómica.