Inicio / Noticias / A Xunta inicia este luns as obras de mellora do firme na estrada LU-115, Outeiro de Rei – Castro de Rei, que require o corte dun dos carrís de circulación
24/09/2018 - 13:09

Santiago de Compostela,24 de setembro de 2018.- A Xunta comeza este luns a execución de actuacións de mellora do firme na estrada LU-115, Outeiro de Rei (N-VI) – Castro de Rei (LU-113), que requirirán o corte dun dos carrís de circulación, dando paso alternativo polo segundo carril.

Estas obras, que se desenvolverán dende as 08:00 horas deste luns e ata o venres 28, ás 13:00 horas, están enmarcadas nos traballos ordinarios de conservación das infraestruturas viarias que o Goberno galego vén executando para garantir unhas estradas cómodas e seguras.

Os traballos consistirán na rehabilitación do firme ao longo dos 11 quilómetros de lonxitude da estrada de titularidade autonómica que discorre polo Concello de Outeiro de Rei, salvo o último quilómetro que está situado no Concello de Castro de Rei.A execución das obras require o corte parcial durante a duración dos mesmos ao actuarse nos dous sentidos destas estradas de titularidade autonómica.