Inicio / Noticias / A Xunta inicia a execución dunha nova senda peonil na estrada OU-310, en Vilardevós
24/06/2020 - 13:21
A Xunta inicia a execución dunha nova senda peonil na estrada OU-310, en Vilardevós

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de comezar esta semana a execución dunha nova senda peonil na estrada de titularidade autonómica OU-310, entre os puntos quilométricos 13+300 e 13+440, no concello de Vilardevós.

Esta actuación, adxudicada por un importe duns 30.000 euros á empresa Construcciones y Almacenes Manuel Viso e Hijos S.L., ten un prazo de execución estimado de 3 meses.

Trátase de construír un novo treito de senda na OU-310 ao seu paso por este municipio, que complementa á executada na marxe esquerda da estrada, entre os puntos quilométricos 13+180 e 13+600.

Os traballos permitirán dar continuidade e completar un itinerario peonil accesible na marxe dereita da vía autonómica, na contorna dos puntos quilométricos 13+300 e 13+440, onde existen vivendas lindeiras coa estrada ás que non chega a actual beirarrúa existente nesa marxe.

Nun primeiro tramo darase continuidade á beirarrúa existente, desde o punto quilométrico 13+305, onde finaliza na actualidade a beirarrúa de 2,50 metros. Este primeiro tramo chegará ata o punto 13+320 cunha senda de anchura inicial 2,50 metros, ao igual que a beirarrúa existente. A anchura final do itinerario será de 1,80 metros para enlazar co tramo seguinte.

Unha vez superado o cruzamento do camiño de acceso do punto quilométrico 13+320, a senda converterase ata o final da actuación nunha senda-cuneta tendida.