Inicio / Noticias / A Xunta inicia a execución dunha senda peonil no Cancelo, no concello da Laracha, que facilitará a mobilidade dos veciños
27/07/2020 - 04:19
A Xunta inicia a execución dunha senda peonil no Cancelo, no concello da Laracha, que facilitará a mobilidade dos veciños

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de construción dunha senda peonil no Cancelo, no concello da Laracha, que facilitará a mobilidade dos veciños.

Esta actuación foi adxudicada á empresa José No Mantiñán e Hijos Construcciones por un investimento de case 50.000 euros e conta cun prazo de execución de tres meses.Trátase da execución dunha senda na marxe dereita da estrada AC-552, entre os puntos quilométricos 23+220 e 23+420, na zona do acceso á autoestrada AG-55 e ao parque empresarial.

Este itinerario completará os traxectos peonís da zona, xa que, tanto na marxe esquerda da propia estrada como na entrada ao parque empresarial, actualmente xa existen sendas.As obras execútanse sobre dominio público existente, cunha sección útil de 2,5 metros de ancho e pavimento de formigón.

A drenaxe resolverase cun novo colector de pluviais, cos seus correspondentes pozos de rexistro e sumidoiros.

O Goberno galego, mediante a execución deste tipo de actuacións, continúa mellorando a rede viaria autonómica e incremento a seguridade dos peóns, usuarios vulnerables das estradas.