Inicio / Noticias / A Xunta inicia hoxe as obras de mellora da estrada LU-633, nun treito coincidente coa traza do Camiño Francés, en Triacastela
23/04/2020 - 14:30

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inicia hoxe as obras de mellora da estrada LU-633, na traza do Camiño Francés, en Triacastela.Estes traballos, adxudicados á empresa OVISA Pavimentos y Obras, S.L.U. por un investimento de case 45.000 euros, contan cun prazo de execución estimado de 3 meses.Trátase do acondicionamento dun antigo treito en curva da estrada LU-633, no punto quilométrico 28+000, en Triacastela, xusto á saída da capitalidade do concello, con destino a uso público e de recreo.As tarefas principais comprenden a reposición do firme da calzada, saneándoo e estendendo unha capa de mestura bituminosa en quente. Tamén se instalará unha barreira de seguridade que protexa a nova zona de lecer con respecto á calzada da estrada autonómica.A intervención incluirá a nivelación do espazo entre estradas para a súa humanización con zonas verdes e colocación de mobiliario urbano.O proxecto ten como obxectivo mellorar esta contorna coincidente co paso do Camiño Francés co fin de incrementar a seguridade e comodidade no tránsito dos usuarios da estrada e tamén dos peregrinos.Esta actuación do departamento de Infraestruturas da Xunta complementa a intervención executada no ano 2019 na mellora da seguridade viaria do Camiño Francés no treito en común coa LU-633, na que se investiron preto de 566.000 euros.