Inicio / Noticias / A Xunta inicia hoxe obras de rehabilitación na estrada AC-445 ao seu paso polo Concello de Corcubión, cun investimento de preto de 48.000 euros
07/11/2019 - 12:56

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inicia hoxe as obras de rehabilitación da plataforma da estrada AC-544, no punto quilométrico 2+850, ao seu paso polo Concello de Corcubión.Os traballos, cun prazo de execución de 3 meses, foron adxudicados á empresa Ponciano Nieto e dispoñen dun investimento autonómico de preto de 48.000 euros

A intervención nesta estrada que comunica Cee a Fisterra céntrase no acondicionamento dunha curva localizada no citado punto quilométrico, na que se ten detectado fendas na calzada e problemas no terraplén da estrada, que provocaron á súa vez deformacións na barreira.O proxecto definido polo departamento de Infraestruturas da Xunta prevé realizar os correspondentes traballos de rexeneración do terraplén para reforzar a estabilidade da plataforma neste tramo da estrada, así como a prolongación dunha obra de drenaxe transversal existente na mesma.Unha vez rematados os traballos de acondicionamento do noiro, procederase á rehabilitación do firme afectado polas obras, a reposición da capa da rodadura e ao repintando das marcas viarias afectadas pola intervención.Con estas intervención a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas.