Inicio / Noticias / A Xunta inicia as obras de mellora de firme da estrada autonómica AC-840 na travesía de Melide
07/07/2020 - 13:45
A Xunta inicia as obras de mellora de firme da estrada autonómica  AC-840 na travesía de Melide

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de mellora de firme da estrada autonómica AC-840, no seu treito coincidente coa travesía de Melide.

Esta actuación conta cun prazo de execución dun mes, e levarase a cabo nun tramo da estrada de preto de 1,3 quilómetros, entre os puntos quilométricos 50+486 e 51+770.

Os traballos céntranse no fresado do firme, tanto da capa de rodadura como da intermedia.

Reporanse as dúas capas retiradas mediante outras novas a base de formigón bituminoso en quente.

A actuación completarase coa reposición das marcas viarias, que farán necesario deixar pasar uns días tralo estendido do aglomerado.