Inicio / Noticias / A Xunta inicia as obras de renovación da drenaxe na estrada AC-424, ao seu paso pola parroquia de Corme Aldea, en Ponteceso
29/05/2019 - 14:07

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de renovación da drenaxe na estrada AC-424, en Ponteceso.

Esta actuación, adxudicada á empresa Construcciones López Cao, conta cun investimento de case 33.000 euros e un prazo de execución duns dous meses.

O obxecto do contrato é a substitución da obra de drenaxe transversal nesta vía autonómica, á altura do punto quilométrico 7+340, na parroquia de Corme Aldea, para evitar os episodios de asolagamento que se teñen rexistrado neste punto.

O sistema de drenaxe actual será substituído por un novo marco rectangular de maior sección.

As obras executaranse en dúas fases, mantendo aberto un dos carrís de circulación e establecendo o paso alternativo polo segundo carril.