Inicio / Noticias / A Xunta inicia as obras para instalar semáforos no paso de peóns da estrada PO-323, na parroquia viguesa de Teis, cun investimento de máis de 30.000 euros

A Xunta inicia as obras para instalar semáforos no paso de peóns da estrada PO-323, na parroquia viguesa de Teis, cun investimento de máis de 30.000 euros

10/04/2019 - 13:45

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de iniciar os traballos para dotar de semáforos ao paso de peóns da estrada PO-323, no punto quilométrico 3+900, sito na parroquia viguesa de Teis, cun investimento autonómico de máis de 30.000 euros.

As obras están a ser acometidas pola empresa Civis Global, S.L.U e teñen un prazo de execución dun mes.

Os traballos iniciados empezaron xa coa obra civil necesaria para a posterior instalación de semáforos con interruptor no paso de peóns desta estrada de titularidade autonómica que comunica Chapela-Vigo, na intersección da Avenida Galicia coa rúa Ángeles Iglesias Rebollar.

Esta actuación do departamento de Infraestruturas da Xunta da resposta a unha solicitude da asociación veciñal de Teis, e se enmarca nas actuacións de mellora da seguridade viaria.