Inicio / Noticias / A Xunta inviste 56.000 euros na mellora dun treito da estrada autonómica LU-861 ao seu paso por Vilalba e Xermade
13/06/2022 - 03:43
A Xunta inviste 56.000 euros na mellora dun treito da estrada autonómica LU-861 ao seu paso por Vilalba e Xermade

Vilalba (Lugo), 13 de xuñode 2022 AConsellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciou hoxe obras de rehabilitación do firme nun treito da estrada autonómica LU-861 ao seu paso polos concellos de Vilalba e Xermade.

 

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou a execución dos traballosá altura do lugar do Carrizo (Vilalba), onde explicou que se destinan 56.200 euros a esta actuación co fin de mellorar aquelas partes da calzada que o precisan entre os puntos quilométricos 4+00 e 11+00.

 

Arias explicou que as obras consisten na limpeza previa do firme, a realización de reparacións localizadas do pavimento con formigón bituminoso e a reposición da sinalización horizontal nos treitos afectados.

 

Para garantir a seguridade dos usuarios mentres duren as obras, habilítanse carrís alternativos de circulación e sinalización provisional de desvíoscando sexa necesario ante posibles interrupcións do tráfico.

 

A estrada LU-861 conecta Vilalba con Igrexafeita, onde enlaza coa AG-64 (autovía Ferrol-Vilalba). As actuacións desenvólvense a través do contrato de conservación das estradas da zona norte da provincia de Lugo, co que se garante o bo estado da rede viaria de titularidade autonómica.