Inicio / Noticias / A Xunta inviste máis de 119.000€ na mellora da rede de saneamento do parque empresarial de Santa Comba
09/12/2019 - 03:10
A Xunta inviste máis de 119.000€ na mellora da rede de saneamento do parque empresarial de Santa Comba

Santa Comba (A Coruña), 9 de decembro de 2019.- O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, supervisou o remate das obras da Consellería de Economía, Emprego e Industria financiadas con máis de 119.000 euros para levar a cabo a mellora da rede de saneamento do polígono industrial de Santa Comba. Este parque, construído no ano 2003, ten unha superficie de 113.454 metros cadrados e conta con 24 empresas.

Ovidio Rodeiro recalcou que “esta actuación que financia a Xunta, en colaboración co Concello de Santa Comba, tivo como obxecto levar a cabo a reforma e mellora de capacidade da rede de saneamento que agora permite separar a rede de pluviais e de fecais para evitar o colapso do colector existente e reducir o bombeo á Edar de Santa Comba, xa que esta obra permite agora enviar só as augas fecais co conseguinte aforro económico para o polígono e para o funcionamento habitual da estación depuradora do municipio”.

“Esta actuación reduce o envío do caudal de augas pluviais para poder asumir un maior caudal de fecais en previsión de novas implantacións de actividades neste polígono”, puntualizou o delegado territorial.

Ovidio Rodeiro sinalou que con esta orde de axudas “a Xunta de Galicia aposta polo desenvolvemento industrial de Galicia, por iso a Consellería de Economía, Emprego e Industria está a facer un importante esforzo orzamentario para incrementar a dotación do programa de apoio aos parques empresariais”.

O representante do goberno autonómico destacou que “con esta iniciativa a Xunta segue mantendo o seu compromiso cos gobernos locais e o co desenvolvemento das súas infraestruturas e co fortalecemento do tecido empresarial e industrial da Comunidade. Ademais, “este tipo de apoios ao emprendemento son actuacións que encaixan coas medidas promovidas pola Lei de implantación empresarial para favorecer a captación de novos investimentos para Galicia”, puntualizou Ovidio Rodeiro.

A maioría dos proxectos van orientados a mellorar as infraestruturas viarias dos polígonos e para a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia, aínda que tamén para plantas de depuración de auga, xestión de residuos ou instalacións contraincendios. En total, na provincia da Coruña investíronse máis de 1,5 millóns para financiar 21 proxectos en 19 concellos.

Comarca Santiago

Na comarca de Santiago a Xunta aportou 527.000 euros en obras en polígonos industriais de Santa Comba, Dodro, Boqueixón, Ordes, Oroso e Ames. Estes investimentos son posibles grazas a unha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria e supuxeron un investimento total na comarca de 673.000 euros dos que a Xunta aportou máis do 78%.

A Xunta favoreceu a mobilización de 5,34 millóns de euros en proxectos para mellorar os parques empresariais de 51 municipios de Galicia, dos que 32 eran Concellos Emprendedores no momento de realizar a solicitude, o que lles deu prioridade na concesión das axudas.

 

ENTIDADE SOLICITANTE
TITULO PROXECTO
POLIGONO INDUSTRIAL
AXUDA CONCEDIDA
DOING BUSINESS

 

CONCELLO DE SANTA COMBA

PROXECTO DE MELLORA DE INFRAESTRUTURA DE SANEAMENTO DO PARQUE EMPRESARIAL DE SANTA COMBA

PARQUE EMPRESARIAL DE SANTA COMBA

119.799,68 €

 

CONCELLO DE DODRO

MELLORA DA REDE DE SANEAMENTO DO POLÍGONO EMPRESARIAL DE DODRO

POLÍGONO INDUSTRIAL DE DODRO

31.592,19 €

 

CONCELLO DE BOQUEIXÓN

RENOVACIÓN BEIRARRÚAS INTERIORES POLÍGONO DE SERGUDE (BOQUEIXON-A CORUÑA)

POLÍGONO INDUSTRIAL DE SERGUDE (BOQUEIXÓN)

94.029,00 €

 

CONCELLO DE ORDES

MELLORA DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE MERELLE (BEIRARRÚAS E SERVIZOS)

POLÍGONO EMPRESARIAL DE ORDES

93.399,87 €

 

CONCELLO DE OROSO

MELLORA DE PAVIMENTO NAS RÚAS OTERO PEDRAYO E CURROS ENRÍQUEZ

PARQUE EMPRESARIAL DE SIGÜEIRO

120.000,00 €

 

CONCELLO DE AMES

MELLORA DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS DE ACCESO E INTERIORES DO PARQUE EMPRESARIAL COA MELLORA DO VIAL DE ACCESO POLÍGONO

PARQUE EMPRESARIAL NOVO MILLADOIRO

68.593,43 €

 

TOTAL
527.414,17 €
 

Normal
0

false
false
false

GL
X-NONE
X-NONE

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-style-parent:"";
line-height:115%;
font-size:11.0pt;"Calibri","sans-serif";
mso-bidi-"Times New Roman";}
table.MsoTableLightListAccent1
{mso-style-name:"Lista clara - Énfasis 1";
border:solid #4F81BD 1.0pt;
font-size:11.0pt;"Calibri","sans-serif";
mso-bidi-"Times New Roman";}
table.MsoTableLightListAccent1FirstRow
{mso-style-name:"Lista clara - Énfasis 1";
line-height:normal;
color:white;}
table.MsoTableLightListAccent1LastRow
{mso-style-name:"Lista clara - Énfasis 1";
line-height:normal;}
table.MsoTableLightListAccent1FirstCol
{mso-style-name:"Lista clara - Énfasis 1";}
table.MsoTableLightListAccent1LastCol
{mso-style-name:"Lista clara - Énfasis 1";}
table.MsoTableLightListAccent1OddColumn
{mso-style-name:"Lista clara - Énfasis 1";}
table.MsoTableLightListAccent1OddRow
{mso-style-name:"Lista clara - Énfasis 1";}
table.Listaclara-nfasis12
{mso-style-name:"Lista clara - Énfasis 12";
border:solid #4F81BD 1.0pt;
font-size:11.0pt;"Calibri","sans-serif";
mso-bidi-"Times New Roman";}
table.Listaclara-nfasis12FirstRow
{mso-style-name:"Lista clara - Énfasis 12";
line-height:normal;
color:white;}
table.Listaclara-nfasis12LastRow
{mso-style-name:"Lista clara - Énfasis 12";
line-height:normal;}
table.Listaclara-nfasis12FirstCol
{mso-style-name:"Lista clara - Énfasis 12";}
table.Listaclara-nfasis12LastCol
{mso-style-name:"Lista clara - Énfasis 12";}
table.Listaclara-nfasis12OddColumn
{mso-style-name:"Lista clara - Énfasis 12";}
table.Listaclara-nfasis12OddRow
{mso-style-name:"Lista clara - Énfasis 12";}