Inicio / Noticias / A Xunta licita a execución dunha nova cuneta na autovía AG-64, no concello das Pontes, cun investimento de máis de 583.000 euros
02/03/2020 - 04:51

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licita hoxe as obras de execución dunha nova cuneta na autovía Ferrol- Vilalba (AG-64), ao seu paso polo Concello das Pontes, cun investimento de máis de 583.000 euros.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe o inicio do proceso de contratación destas actuacións, que comezarán no vindeiro verán.

As empresas interesadas na realización destas actuacións poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 30 de marzo.

O prazo previsto para acometer estes traballos na autovía será duns seis meses aproximadamente.

As actuacións, que se desenvolverán no treito comprendido entre os puntos quilométricos 35+300 e 36+700 da autovía, consistirán na substitución da cuneta actual por outra nova co fin de mellorar o entorno, a situación ambiental e a seguridade viaria.

Este proxecto tamén resolverá os problemas actuais coas augas de escorrentía procedentes dos noiros e da mediana.

Ademais renovaranse as marcas viarias e repoñerase a sinalización vertical nos treitos nos que se vexan afectadas polas actuacións.