Inicio / Noticias / A Xunta licita hoxe as obras de rehabilitación do firme en 5 estradas autonómicas na comarca de Valdeorras por un investimento de case 754.000 euros
22/11/2017 - 13:53

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2017.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a licitación das obras de reforzo de firme localizados en cinco estradas da comarca de Valdeorras por un investimento de case 754.000 euros.

As empresas interesadas na realización destas actuacións, cun prazo de execución de 4 meses, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 18 de decembro. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información: https://goo.gl/YwYo3m

Na OU-602, no Concello da Rúa, arranxarase a capa de rodadura no treito comprendido entre os Pq. 0+040 e 0+505 e 0+650 e 1+870. No mesmo municipio, tamén se actuará na estrada OU-603, entre o Pq. 0 e 3+630.

Na estrada OU-621, no Concello de Rubiá, no tramo entre o Pq. 0 e o 2+660 traballarase na reparación do firme deteriorado.

Outra vía obxecto deste contrato é a OU-622, entre o Pq. 0 e o 21+940, nos Concellos de Rubiá e O Barco de Valdeorras, onde se mellorará a pavimentación.

Na OU-636, ao seu paso polos Concellos de Petín e Larouco, no tramo entre o Pq 19+800 e 21+140, as obras proxectadas tamén se centrarán no arranxo do firme que presente carencias. Nos mesmos concellos, tamén se rehabilitará a capa de rodadura na OU-637, entre o Pq. 0+035 e 1+120.

Plan de reforzos de firmes

A Xunta, coa execución deste tipo de traballos, continúa co desenvolvemento do Plan de Reforzos de Firme, que nos Orzamentos para 2018 incrementa de modo moi importante a súa dotación de 15 a 20 millóns de euros.

O Goberno galego segue a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos. A Consellería de Infraestruturas está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con obras de conservación extraordinarias.