Inicio / Noticias / A Xunta licita as obras de humanización e mellora de vías na estrada AC-480 en Oza-Cesuras
25/03/2021 - 02:29
A Xunta licita as obras de humanización e mellora de vías na estrada AC-480 en Oza-Cesuras

Oza-Cesuras (A Coruña), 25 de marzo de 2021.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou a zona na que se realizará unha obra de humanización e mellora de vías, que permitirá a formación dunha senda peonil no treito O Amilladoiro-Os Fiaños-Os Cousos-Candieiras, na estrada AC-480, na parroquia de Filgueira de Barranca do concello de Oza-Cesuras. Trenor informou que esta actuación irá dende o punto quilométrico 15+950 ao 17+710, polo que terá unha extensión de algo máis dun quilómetro.Esta obra conta cun apoio da Consellería de Medio Ambiente de 121.000 euros a través dun convenio asinado co Concello e ten un prazo de execución de catro meses. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas poden facelo ata o 6 de abril.

Trenor destacou que esta actuación permitirá mellorar a seguridade viaria nun tramo moi perigoso no que xa se rexistraron varios accidentes, polo que os peóns poderán circular pola vía con comodidade e con seguridade. Así, a obra ten por obxectivo apostar por unha mobilidade sustentable e segura, favorecendo os desprazamentos cotiáns dos veciños.