Inicio / Noticias / A Xunta licita as obras de mellora de firme na estrada PO-552 ao seu paso polos concellos de Vigo, Nigrán, O Rosal e A Guarda, cun investimento de 830.000 de euros
10/04/2019 - 13:25

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe na Plataforma de Contratos de Galicia a licitación das obras de mellora do firme na estrada PO-552 ao seu polos concellos de Vigo, Nigrán, O Rosal e A Guarda, cun investimento de case 830.000 de euros.

As empresas interesadas na execución deste contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 6 de maio.

As actuacións consistirán no fresado e a reposición do firme naqueles puntos nos que a capa de rodadura presente carencias ou se atope deteriorada e a reposición da sinalización horizontal, dispoñendo dun prazo de execución de 4 meses desde o seu inicio.

O proxecto licitado hoxe define os traballos necesarios para a realización das correspondentes actuación de mantemento e conservación do firme en dous tramos comprendidos desta estrada de titularidade da Xunta.

Unha das actuación de rehabilitación do firme realizarase dentro dos 13 primeiros quilómetros da PO-552 e ata a glorieta da Ramallosa ao seu paso polos concello de Vigo e Nigrán, en concreto entre os puntos quilométricos 0+000 a 12+857.

A outra intervención proxectada polo departamento de Infraestruturas da Xunta neste vial iniciase na entorna de punta do Bazar, no punto quilométrico 45+010, e a parroquia das Eiras, no p.q. 54+492. Este treito de 13 quilómetros coincide co tramo da PO-552 que percorre os concello da Guarda e O Rosal.