Inicio / Noticias / A Xunta licita por máis de 658.000 euros as obras para a execución da nova senda peonil na estrada AC-301 no concello de Rois
11/01/2022 - 12:57
A Xunta licita por máis de 658.000 euros as obras para a execución da nova senda peonil na estrada AC-301 no concello de Rois

Rois (A Coruña), 11 de xaneiro de 2022.- O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, anunciou a licitación da obra da nova senda peonil na estrada AC-301, para dar continuidade á beirarrúa existente desde o núcleo de Rois ata a rotonda das instalacións de Cortizo, e na que o Concello realizará actuacións de mellora na citada glorieta. As obras saen hoxe a licitación por un importe de 658.000 euros, tendo en conta as expropiacións o investimento superará os 700.000 euros. As empresas interesadas teñen o 7 de febreiro para presentar as súas ofertas e o prazo de execución da obra é de 8 meses.

Segundo destacou o representante do goberno autonómico “esta actuación permitirá mellorar a mobilidade de veciños e ofrecer unha alternativa de conexión a pé ou en bicicleta segura”.

A senda iniciase na entorna das naves do polígono industrial, discorre pola marxe esquerda da antiga estrada AC-299 e continúa pola marxe dereita da estrada AC-301 dende o pq 2+250 ata o 2+800. En todo o percorrido irá adosada a estrada e separada da calzada por un bordo de 10 cm sobre o pavimento da plataforma agás do treito de intersección da estrada AC-301 coa antiga AC-299, aquí aproveitase a berma existente no muro de coieira do viaducto da liña de ferrocarril de Alta Capacidade A CoruñaVigo que xa vai un pouco elevado da plataforma.

Ademáis da execución da senda e co fin de mellorar a seguridade vial na entorna do pq 2+450, mellorarase o trazado actual do tronco aumentando os radios de curvatura e repoñerase o camiño de servizo existente e no pq 2+520 reconstruirase a intersección existente na marxe dereita mantendo a tipoloxía de semiglorieta de 8,50 m de radio exterior e 5,00 m de calzada

Gonzalo Trenor recalcou que “esta intervención se enmarca na estratexia do departamento de Infraestruturas da Xunta de fomentar a mobilidade sostible da poboación así como incrementar a seguridade viaria desta zona con elevado tránsito peonil”. Esta intervención será financiada pola Unión Europea, no marco do eixe REACT UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da covid-19.