Inicio / Noticias / A Xunta licita por preto de 1 millón de euros as obras de mellora de firme en cinco estradas autonómicas das comarcas do Salnés, Pontevedra e Caldas de Reis
28/04/2020 - 14:09

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2020.- A Xunta publica hoxe na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a licitación das obras de mellora de firme en cinco estradas autonómicas das comarcas do Salnés, Pontevedra e Caldas de Reis cun investimento de preto de 1 millóns de euros.As empresas interesadas na actuación, que terán un prazo de execución de 6 meses, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 25 de maio. O obxectivo da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade é acometer os traballos este mesmo ano 2020.As actuacións incluídas neste contrato levaranse a cabo en varios tramos das estradas PO-301, PO-529, PO-530, PO-531 e V.G-4.7, ao seu paso polos concellos de Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Barro e Meis.Os traballos consisten na rehabilitación do firme e a reposición da sinalización en varios treitos destas estradas. Así, na PO-301, que comunica as localidades de Ponte Arnelas e Vilagarcía, os traballos centraranse nos treitos entre os puntos quilométricos 0+019 e 1+169; 2+262 e 6+589; e do 1+241 ao 2+262.Na estrada PO-529, que conecta a estrada PO-549 coa VG-4.3, nas proximidades de Vilagarcía de Arousa, actuarase na glorieta de conexión coa PO-549, xunto cos seus ramais de acceso e os 211 primeiros metros do tronco.No caso da PO-530, que une a estrada PO-549 coa VG-4.3, á altura da Illa de Arousa, a intervención centrarase en dous treitos, o que vai do punto quilométrico 0+071 ao 0+982 e do 1+137 ao 2+265.Na estrada PO-531, que conecta as localidades de Pontevedra e Vilagarcía, actuarase nos treitos entre os puntos quilométricos 9+500 e 10+200 e do 11+773 ao 18+744.Finalmente, actuarase na V.G-4.7, vía de alta capacidade que circunvala Vilagarcía polo este dende a glorieta do enlace coa PO-531 e a N-640 ata Carril. En concreto os traballos realizaranse no carril dereito, entre os puntos quilométricos 7+318 e 7+475 e no carril esquerdo entre o 7+320 e 7+483.Deste xeito, o Goberno galego continúa a súa aposta polo reforzo da seguridade viaria nas estradas autonómicas ao tempo que, ao retomar os procedementos administrativos de licitación e adxudicación das obras, impulsa investimentos para favorecer a actividade económica.